Laia Martínez i López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laia Martínez i López
Laia Martinez Lopez.jpg
Laia Martínez en 2016
Nome completoLaia Martínez López
AlcumeLaia Malo
Nacemento1982
 Berga, Cataluña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
OcupaciónEscritora, músico, tradutor
editar datos en Wikidata ]

Laia Martínez i López, tamén coñecida como Laia Malo, nada en Berga en 1984, é unha escritora, tradutora e música catalá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en 2007 en Tradución e Interpretación de inglés e ruso pola Universidade Autónoma de Barcelona. Desde 2011 forma parte do dúo electrónico en verso Jansky, cos que publicou, coa discográfica Primeros pasitos, os discos Un big bang a la gibrella e ÈÉ en 2013 e 2015, respectivamente.[2] Desde 2014 é vogal por Mallorca da Asociación de Escritores en Lingua Catalá (AELC).[3]

Publicou L’estiu del tonight tonight en 2011, libro co que gañou o premio de poesía Art Jove de 2010 e que foi traducido ao castelán.[4] En 2015 acabou de escribir a súa terceira obra Cançó amb esgarrip i dos poemes.[5] O seu último poemario Afollada, publicado en 2016, aborda o tema da maternidade e preséntase como un canto á liberdade.[6]

Notas[editar | editar a fonte]