Lagranxiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Defínese a Lagranxiana dun sistema, normalmente denotada cá letra L, como a diferenza entre a súa enerxía cinética, T, e a súa enerxía potencial, V:

L = T - V

A lagranxiana é unha cantidade fundamental na Mecánica lagranxiana, unha formulación da mecánica clásica inicialmente demostrada por Lagrange en 1788. Na lagrangiana está expresado o estado dinámico dun sistema.