Lago de Neuchâtel
| Tipo | lago zona de Suíza que non forma parte de ningún concello | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Neuchâtel | ||||
| Parte de | país dos Tres Lagos | ||||
| Localización | |||||
| País da cunca | Suíza | ||||
| División administrativa | Berna, Suíza, Cantón de Friburgo, Suíza, Vaud, Suíza e Cantón de Neuchâtel, Suíza | ||||
| |||||
| Cordilleira | meseta suíza | ||||
| Afluentes | |||||
| Efluente do lago | Zihlkanal (en) | ||||
| Conca hidrográfica | conca do Rin | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 429 m | ||||
| Profundidade | 152 m | ||||
| Dimensións | 8,2 ( | ||||
| Superficie | 217,9 km² | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 2.672 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Volume físico | 14 km³ | ||||
O lago de Neuchâtel (en alemán Neuenburgersee; en francés Lac de Neuchâtel) é cunha superficie de 217,9 km² o lago máis grande enteiramente suízo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O lago está rodeado polos cantóns de Vaud, Neuchâtel, Berna e Friburgo.
Os seus principais afluentes son o río Thielle e a canle de la Broye que o une co lago de Morat. Este serve como cunca de compensación para as augas do río Aar, que chegan ao lago de Biena. Aínda que se este último crecese demasiado, a saída de auga pararíase e poderíase reverter o proceso.
O lago de Neuchâtel mide 38,3 km de longo e unha anchura máxima de 8,2 km. A profundidade máxima é de 152 m e a súa capacidade está estimada en 14 km³.
Actividades
[editar | editar a fonte]Numerosas viñas atópanse ás beiras do lago. Atopamos chasselas e pinot noir cos cales se fai o viño avermellado chamado Œil-de-Perdrix.
O turismo é igualmente importante na rexión, pero está sobre todo concentrado nas grandes cidades que rodean o lago.
