Lago Taupo
| (en) Lake Taupō | ||||
| Tipo | lago de cráter volcánico | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Illa Norte | |||
| Localización | ||||
| País da cunca | Nova Zelandia | |||
| División administrativa | Waikato, Nova Zelandia | |||
| ||||
| Afluentes | Waitahanui River (en) | |||
| Efluente do lago | Waikato River (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 356 m | |||
| Profundidade | máximo: 186 m media: 113 m | |||
| Dimensións | 33 ( | |||
| Perímetro | 193 km | |||
| Superficie | 616 km² | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 3.487 km² | |||
| Medicións | ||||
| Volume físico | 59 km³ | |||
| Sitio web | laketauponz.com | |||
O lago Taupo é, cos seus 606 km2 o máis extenso de Nova Zelandia.
Situación
[editar | editar a fonte]Encóntrase situado a 357 metros de altura na zona central da illa Norte. Ten unha profundidade máxima de 159 metros e aliméntase das augas do río Waikato. É notable pola troita e a Anguilla australis. Tamén é unha importante zona turística.
A uns minutos do sur do Lago está o Parque Nacional de Tongariro, primeiro Parque Nacional de Nova Zelandia cos seus tres volcáns .No lado occidental do lago esta Pureora Forest Park e ao leste do lago, o Parque Forestal Kaimanawa.
A cidade de Taupo encóntrase na beira nororiental do lago e a de Turangi no extremo meridional deste [1].
Historia
[editar | editar a fonte]O lago encóntrase nunha caldeira creada tras unha enorme erupción volcánica hai aproximadamente 26.500 anos. Segundo os expedientes xeolóxicos, o volcán entrou en erupción 28 veces nos últimos 27.000 anos. Estímase que a primeira erupción, coñecida como a erupción de Oruanui, expulsou 800 quilómetros cúbicos de material e encheu varios centos de quilómetros cadrados de terra circundante para logo derrubarse e formar a caldeira. No ano 181 considérase que tivo lugar a erupción máis grande na Terra nos últimos 5.000 anos[2].
O Lago Taupo é o maior lago de auga doce no hemisferio sur. [Cómpre referencia]
Lenda
[editar | editar a fonte]Ngatoroirangi foi o responsable da súa creación cando subía ao cumio do monte Tauhara, onde ante el tiña unha gran cunca de po. Arrancaba unha árbore de totara e lanzábao na cunca de po pero aterraba ao revés. As súas pólas perforaban a terra e a auga doce para formar "o mar de Taupo". Esta árbore é considerada aínda visible baixo a auga aproximadamente a 70 metros da orilla en Wharewaka. Logo arrancou guechos do seu manto e botounos á auga onde se convertían no peixe nativo do lago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Web Serturista(en castelán).
- ↑ Páxina oficial do Lago Taupo Arquivado 13 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés).
