Saltar ao contido

Lago Hillier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Hillier
Vista aérea
Imaxe
TipoLago salgado
lago Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaAustralia Editar o valor en Wikidata
División administrativaAustralia Occidental Editar o valor en Wikidata
Mapa
 34°05′45″S 123°12′10″L / -34.0958, 123.2028
Características
Dimensións0,25 (ancho) × 0,6 (lonxitude) km
Superficie0,015 km² Editar o valor en Wikidata

Páxina webhillierlake.com Editar o valor en Wikidata

O lago Hillier é un lago que se atopa na illa Middle, a maior illa do arquipélago da Recherche, Australia Occidental (Australia).

A cor rosada do lago é permanente e non cambia cando se verte a auga nun recipiente. A lonxitude do lago é duns seiscentos metros aproximadamente. O lago está rodeado por un bordo de area e un bosque denso de melaleuca e eucaliptos cunha estreita franxa de dunas de area ó norte, cubertas por vexetación, que o separa do océano Antártico.

Crese que a illa e o lago foron cartografados por primeira vez pola expedición Flinders en 1802. Dise que o capitán Flinders contemplou o lago rosa despois de ascender o pico da illa. John Thistle, o capitán do buque, recolleu auga do lago descubrindo que estaba saturada con sal.[1] Aínda que no caso do lago Hillier a orixe da súa cor rosa non foi definitivamente demostrado, sábese que a cor rosa doutros lagos salgados da rexión xorde dun medio de contraste creado por organismos Dunaliella salina e Halobacteria. Outra hipótese é que a cor rosa débese a bacterias halófilas vermellas ou algas nas costras de sal.

Malia a súa infreceuente tonalidade, o lago non presenta efectos adversos coñecidos nos seres humanos. Visto dende arriba o lago parece un sólido de cor rosa, pero dende a liña de costa parécese máis a un ton rosa claro que está na auga. O litoral está tamén cuberto por depósitos de costras de sal.

  1. "Marine Life Society of South Australia - Newslatter". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]