Saltar ao contido

Lafayette Blues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lafayette Blues
The White Stripes Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
novembro de 1998 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Wikidata

"Lafayette Blues" é o segundo sinxelo da banda estadounidense de garage rock The White Stripes, editado en novembro de 1998 polo selo Italy Records. A súa cara-b é o tema "Sugar Never Tasted So Good", unha canción que aparece no álbum de estrea do grupo, The White Stripes, editado no ano seguinte.

Realizouse un prensado orixinal de 1.000 copias en vinilo branco, e no ano 2001 houbo unha segunda edición de 1.000 copias en vinilo negro. Un bo número de copias de White Blood Cells, o terceiro álbum da banda, foi empaquettado cun DVD extra que contiña a pista de son de "Lafayette Blues" (ademais de "Hand Springs").

A letra de "Lafayette Blues" é unha lista de nomes franceses de rúas da súa cidade natal, Detroit, Míchigan.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Lafayette Blues" - 2:15
  2. "Sugar Never Tasted So Good" - 2:56