We're Going to Be Friends
| We're Going to Be Friends | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| The White Stripes | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"We're Going to Be Friends" é un sinxelo promocional da banda estadounidense de rock alternativo The White Stripes, editado a finais do ano 2002 e sacado do seu álbum White Blood Cells.
A canción aparece nos créditos iniciais da película de 2004 Napoleon Dynamite. Nos comentarios do filme, o seu director Jared Hess afirma que inicialmente non puido atopar unha canción para o principio da película e quería usar ese tema, así que lle enviou unha copia a The White Stripes e eles deron a súa aprobación para que fose usada.
O vocalista e compositor Jack Johnson gravou unha versión da canción para o seu álbum Sing-A-Longs and Lullabies for the Film Curious George.
O tema aparece tamén ao final dun episodio de House titulado "Mirror Mirror", aínda que non se incluíu na banda sonora da serie.
É unha das canción preferidas da banda de Conan O'Brien e, a petición súa, interpretárona no que sería a súa derradeira actuación no seu programa, o Late Night with Conan O'Brien, o 20 de febreiro do 2009.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "We're Going to Be Friends" - 2:22