Ladislav Pinkas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de setembro de 1863 Vaux-de-Cernay Abbey |
| Morte | 28 de febreiro de 1936 Praga |
| Member of the Bohemian Diet (en) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Faculty of Law, Charles University in Prague (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | tradutor, avogado |
| Partido político | Young Czech Party (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Zdeňka Pinkasová |
| Fillos | Zdenka Flipo, Ladislav Pinkas |
| Pai | Soběslav Pinkas |
| Irmáns | Jiřina Voskovcová |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Almanach československých právníků, (p.343), Album representantů všech oborů veřejného života československého, (p.1084), |
Ladislav Pinkas, nado en Vaux de Cernay (Francia) o 11 de setembro de 1863 e finado en Praga o 28 de febreiro de 1936, foi un tirador de esgrima, tradutor, avogado, político e financeiro checo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto do político Adolf Maria Pinkas e fillo do pintor Soběslav Pinkas, a súa nai era francesa. Estudou dereito na Universidade Carolina de Praga e na École libre des sciences politiques en París, traballando máis tarde como avogado. Desde a súa xuventude practicou a esgrima, en 1886 ingresou no Club de Esgrima Checo recentemente fundado por Gustav Hergsell, e foi un dos profesores da primeira academia de esgrima que se abriu o 26 de abril dese ano [1]. Chegou a ser presidente do club, e unha das figuras máis destacadas da esgrima checa anteriores a 1900.
Desde 1895 foi deputado do Partido dos Novos Checos no Parlamento de Bohemia e membro do comité do partido e en 1911 entrou no comité de xestión da principal caixa de aforros checa, sendo o seu presidente durante moitos anos e tamén estivo á cabeza da Alliance française checa.
Tradutor ao checo, do francés traduciu a obra Les vieux de la vieille de Émile Erckmann e Alexandre Chatrian co título Staří vojáci (1886), e do alemán Unterricht im Säbelfechten de Gustav Hergsell, unha introdución ao sabre en esgrima co título de O šermu šavlí (1888).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "100 Let 1. Českého Šermířského Klubu Riegel – TJ Baník Praha, Praga 2002" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2013.
| A Galipedia ten un portal sobre: República Checa |

