La semana del asesino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La semana del asesino
Ficha técnica
Título orixinalLa semana del asesino
DirectorEloy de la Iglesia
ProdutorJosé Truchado
Vicente Parra
GuiónAntonio Fos
Eloy de la Iglesia
IntérpretesVicente Parra
Eusebio Poncela
Emma Cohen
Charly Bravo
Vicky Lagos
Fernando Sánchez Polack
Lola Herrera
Ismael Merlo
Goyo Lebrero
MúsicaFernando García Morcillo
FotografíaRaul Artigot
DistribuidoraAtlas International Film
Estrea22 de abril de 1972 (ES)
Duración90 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0067732 Filmaffinity: 268911 Allmovie: v83850 TCM: 559910 Editar o valor em Wikidata

La semana del asesino é unha película dramática española de 1972 dirixida por Eloy de la Iglesia e escrita por Eloy de la Iglesia e Antonio Fos. Foi estreada o 22 de abril de 1972 en España.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Marcos, un xove traballador dunha sala de despece que vive co seu irmán Esteban nunha chabola que herdaron da súa nai colle un taxi pola noite xunto coa súa moza, Paula. Ten unha discusión co taxista ao que mata dunha pedrada. Tras este crime, vese chamado a matar, un tras outro, durante unha tráxica semana, a tódolos que para el representan unha ameaza.

Unha semana é tempo suficiente para facer dun home normal o máis perigoso, agresivo, e enfermizo asasino. O medo, o temor constante a ser descuberto, é a causa principal pola que se suceden os crimes máis brutais. Un xesto, unha palabra, unha mirada, calquera cousa pode converter un inocente en vítima. Tan só é necesario que se lle crea coñecedor dos feitos. As sucesivas mortes, o cotián terror, o derramado sangue, son as testemuñas permanentes que acurralan, ao fin, a conciencia dun paranoico criminal.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]