Saltar ao contido

La forma dell'acqua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La forma dell'acqua
 Título
    La forma dell'acqua (it) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Personaxes
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Tradutor/a
Datas
 Data de publicación
1994 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Goodreads815557 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL133577W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rp87y Editar o valor en Wikidata
Wikidata

La forma dell'acqua é unha novela en lingua italiana de Andrea Camilleri, publicada en 1994 pola editorial de Palermo Sellerio editore. É a primeira novela da saga protagonizada polo comisario Salvo Montalbano.

Pino Catalano e Saro Montaperto, dous arquitectos que por necesidade traballan recollendo lixo nunha zona frecuentada por prostitutas, e atopan dentro dun coche o cadáver dun político local, o enxeñeiro Luparello, medio espido. Amais, Saro atopa preto de alí un colar de ouro de moito valor, que esconde coa idea de vendelo para pagar a terapia do seu fillo doente. Antes de avisaren á policía, deciden chamar ao avogado Rizzo , amigo e conselleiro político do defunto e o previsible sucesor no seu posto no partido. Porén, este indícalles que avisen á policía.

O comisario Montalbano faise cargo do caso. O forense Pasquano infórmao de que Luparello morreu por un ataque ao corazón logo dun encontro sexual. Á comisaría chega un bolso coas iniciais de Ingrid Sjöstrom, muller do rival político de Luparello, e Montalbano sospeita que é un truco para intentar involucrala, polo que esconde o bolso.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Foi traducido ao inglés, alemán, sueco e castelán entre outros idiomas. A tradución ao francés de Serge Quadruppani como La forme de l'eau recibiu o premio á mellor novela estranxeira no 'Prix Mystère de la Critique' de 1999.