La fe de Manuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La fe de Manuela é un dúo musical galego composto por Raúl Reina e Abel Montoto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Raúl Fernández Reina, nado en Madrid de familia luguesa, como Abel Montoto, do Corpiño[1] formáronse respectivamente nas actuacións das orquestras de música lixeira, onde traballaron diversos anos. Montoto foi un dos impulsores da orquestra Nebraska e integrou SL América.[1] Reina formou parte das orquestras Bulevard, Ledicia, Pacífico e a partir de 2006 foi o cantante principal da Charlestong Big Band. Despois fichou por Marimba e logo, en 2009, pola Solara 2010[2]. En 2008 Raúl e Abel fundan o grupo Hevel e Rayel, co que sacan o seu primeiro álbum, cantado en galego.

En 2011 mudan o nome polo de La fe de Manuela. Este nome débenllo á confianza que unha tía de Abel, de nome Manuela, tiña en que chegarían lonxe[3]. Con este nome prepararon un segundo en castelán en 2011, onde estaba incluída a peza, Como yo, interpretada por eles e composta polo seu produtor, Enrique Teruel, escollida como a canción oficial da Volta a España 2011.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Move, move (2008).
  • Rompecabezas (previsto para 2011).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]