La Voz del Agro (A Coruña)
La Voz del Agro (A Coruña) | |
---|---|
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz del Agro foi un periódico quincenal editado na Coruña entre 1932 e 1933.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Órgano de expresión do Partido Agrario Radical Gallego, apareceu en novembro de 1932.[1] Dirixido por Amador Rodríguez Guerra, a publicación marcouse como obxectivo:
Denunciar injusticias, señalar defectos y defendernos los trabajadores de los atropellos que a diario se cometen con nosotros, al mismo tiempo que trabajaremos incansables porque Galicia salga del ostracismo del abandono en que vive para incorporarse con toda decisión al concierto de los pueblos libres que forjan con su esfuerzo la capacidad suficiente para bastarse a sí mismos.
No segundo número, que apareceu a finais de 1932, recóllese a instancia dirixida ao presidente do Consello de Ministros na que se pide que "cese la persecución contra vitales intereses de Galicia".[2] No cuarto número, publicado en febreiro de 1933, Amador Rodríguez recolle novamente a preocupación polas dificultades de transporte nun artigo dirixido ao Director Xeral de ferrocarrís.[3] O último número do que hai noticia é o seis, aparecido en xuño de 1933, no que se inserta o programa do Partido Agrario Radical Gallego.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2010). "Amador Rodríguez Guerra (1894-1936): Unha voz silenciada do agrarismo eumés" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (17): 121–139. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xullo de 2013.