La Voz del Agro (Chantada)
La Voz del Agro | |
---|---|
Localidade | Chantada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz del Agro foi un semanario editado en Chantada entre 1928 e 1932.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 10 de outubro de 1928 co subtítulo Semanario independiente. Foi o seu fundador e propietario Jesús Fernández Taboada e estaba dirixido por Benito Rivadulla Pascual, sendo o seu administrador Virgilio Ledo Santoandré e despois Antonio Noguerol Eyré. Posteriormente foi dirixido por Daniel Vázquez Campo, José Vázquez Gómez, Jesús García Varela e Eloy Rodríguez Fernández. Entre os seus colaboradores estaban Antonio Estévez Cao, Modesto Prieto Camiña, "Pepe Brigos" e "Xan de Quintela". Defensor dun agrarismo técnico e conservador, propugnou a modernización técnica da agricultura.
Tivo varias reaparicións e cambios de orientación. Foi multado en outubro de 1929.[1] Interrompeu a súa publicación en 1929 a causa da persecución por unha campaña contra a corporación de Chantada por unhas polémicas obras. Reapareceu o 1 de xuño de 1930 como El Agro, e pasou a editarse en Palas de Rei. En decembro de 1930 volveu editarse en Chantada cunha orientación republicana e autonomista, e foi voceiro da ORGA. Incluíu colaboracións literarias. Cesou a súa publicación co número 153, o 13 de marzo de 1932.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Tea, 23-10-1929, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Voz del Agro, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. p. 114. ISBN 84-932078-3-7.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-110-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.