Saltar ao contido

La Unión Republicana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «La Unión (Pontevedra)»)

La Unión Republicana

Editar o valor en Wikidata
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 3981
editar datos en Wikidata ]

La Unión Republicana foi un periódico editado en Pontevedra entre 1892 e 1899.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Apareceu o 2 de febreiro de 1892. En 1897 cambiou a súa cabeceira por La Unión : Diario republicano de Pontevedra y la provincia. De carácter republicano, foron os seus directores Valentín Peña, Vicente García Temes e José Juncal Verdulla, e tiña como redactores a Emilio Couto, Emiliano Iglesias, Severino Pérez Vázquez, José Barral Campos e Felipe Isla Gómez. Mantivo un enfrontamento co periódico católico El Áncora que levou á excomuñón do xornal polo cardeal Martín de Herrera o 23 de febreiro de 1898. José Juncal foi encarcerado en 1898 e Emiliano Iglesias Ambrosio procesado, acusado de atentado contra a liberdade do culto católico e a forma de Estado, outros redactores foron tamén procesados. Foi suspendido pola censura en setembro de 1898.[1] Finalmente, a publicación foi suspendida en xaneiro de 1899.

  1. Revista Gallega, 186, 2-10-1898 p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]