Felipe Isla Gómez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 1937 Madrid, España |
Felipe Isla Gómez, finado en Madrid en 1937[1], foi un médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Colaborou en El Voto Popular e La Unión Republicana. Foi director do balneario de Caldas de Bohí (Lleida), do de Molgas e do de Sousa e Caldeliñas, do balneario de Caldas de Reis (1898), presidente do Colexio médico de Pontevedra, director do balneario de Cuntis (1919) e despois do balneario da Toxa (1920). Marchou a Madrid.
Obras
[editar | editar a fonte]- Memorandum de terapéutica clínica. Ensayo de una enciclopedia sintética de medicina práctica, 1893.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Clara Granjel e foi pai do tamén médico Felipe Isla Granjel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 28-7-1937, p. 7.