La Société du spectacle
La Société du spectacle | |
---|---|
Título orixinal | La société du spectacle |
Autor/a | Guy Debord |
Orixe | Francia |
Lingua | lingua francesa |
Tema(s) | spectacle e Script theory |
Xénero(s) | ensaio |
Data de pub. | 14 de novembro de 1967 |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Société du spectacle (A sociedade do espectáculo) é unha obra da filosofía e da teoría crítica marxista de Guy Debord. Foi publicado orixinalmente o 14 de novembro de 1967 por Buchet/Chastel. O libro foi un impacto considerable tras os acontecementos de maio do 68.
Ideas
[editar | editar a fonte]A degradación da vida humana
[editar | editar a fonte]Debord traza o desenvolvemento dunha sociedade moderna na que a auténtica vida social foi substituída pola súa representación: "Todo o que unha vez foi vivido directamente converteuse nunha mera representación". Debord sostén que a historia da vida social se pode entender como "a degradación de ser en ter, e de ter en simplemente parecer". Esta condición, segundo Debord, "é o momento histórico no que a mercancía completa a súa colonización da vida social".
O espectáculo é a imaxe invertida da sociedade na que as relacións entre os produtos básicos suplantaron as relacións entre as persoas, na que "a identificación pasiva co espectáculo suplanta a actividade real". O espectáculo non é unha colección de imaxes, Debord descríbea, máis ben, "como unha relación social entre a xente que está mediada polas imaxes".
Na súa análise da sociedade espectacular, Deborb sinala que a calidade de vida empobrécese, con esa falta de autenticidade as percepcións humanas vense afectadas, e tamén hai unha degradación do coñecemento, coa obstaculización do pensamento crítico. Debord analiza o uso do coñecemento para calmar a realidade: o espectáculo ofusca o pasado, a implosión co futuro nunha masa indiferenciada, unha especie de interminable presente, desta maneira o espectáculo impide aos individuos darse de conta de que a sociedade do espectáculo é só un momento da historia, un non pode ser revogado pola revolución.
O obxectivo e a proposta de Debord é "espertar ao espectador que foi drogado polas imaxes espectaculares, e a través dunha acción radical na forma da construción de situacións, situacións que traen unha reordenación revolucionaria da vida, a política e a arte". Na vista situacionista caracterizada por "un sentido de auto-conciencia da existencia dentro dun contorno ou ambiente determinado".
Debord alentou o uso da terxiversación, "que implica o uso das imaxes e a linguaxe espectaculares para interromper o fluxo do espectáculo".
Os medios de comunicación de masa e fetichismo da mercadoría
[editar | editar a fonte]A sociedade do espectáculo é unha crítica da cultura de consumo contemporánea e do fetichismo da mercadoría. Antes de que o termo "globalización" se popularizase, Debord estaba discutindo sobre cuestións como a alienación de clase, a homoxeneización cultural, e os medios de comunicación de masas.
Cando Debord di que "todo o que se viviu directamente converteuse en mera representación", está referíndose á importancia central da imaxe na sociedade contemporánea. Imaxes que suplantaron á auténtica interacción humana.
Así, a cuarta tese de Debord é: "O espectáculo non é un conxunto de imaxes, senón que é unha relación social entre persoas, mediada por imaxes".
Nunha sociedade de consumo, a vida social non é sobre a vida, pero si sobre ter; o espectáculo utiliza a imaxe para transmitir o que as persoas precisan e deben ter. Consecuentemente, a vida social móvese máis, deixando un estado de "ter" e procedendo a un estado de "opinión"; en particular a aparencia da imaxe.
"No mundo realmente invertido, o verdadeiro é un momento do falso".
Comparación entre a relixión e a comercialización
[editar | editar a fonte]Debord tamén fai unha chamada a unha equivalencia entre o papel da comercialización dos medios de comunicación no presente e o papel das relixións no pasado. A difusión de produtos básicos polos medios de comunicación de masas, produce "ondas de interese para un produto determinado" obtendo "momentos de fervorosa exaltación semellantes ao éxtase das convulsións e milagres do vello fetichismo relixioso".
Outras observacións que Debord fai sobre a relixión: "Os restos da relixión e da familia -que seguen a ser a forma principal de transmisión do poder de clase- e polo que as dúas representan, poden combinarse, como se fosen a mesma cousa, como a afirmación redundante do goce deste mundo, un mundo que só se produce, xustamente, como o seudogoce que conserva no seu seo a represión". "As relixións monoteístas foron un compromiso entre o mito e a historia,... Estas relixións xurdiron no chan da historia, e alí se estabeleceron. Pero aínda alí presérvanse en oposición radical á historia". Debord defínea como relixión semi-histórica. "A expansión dos coñecementos da sociedade, que inclúe a comprensión da historia como o núcleo da cultura, ten un punto de non-retorno na súa autoconciencia, o que é expresado pola destrución de Deus".
Estrutura do libro
[editar | editar a fonte]O traballo é unha serie de 221 pequenas teses. Cada unha delas está formada por un parágrafo, aproximadamente. Están recollidas en nove capítulos da seguinte forma:
- A separación perfecta.
- A mercancía como espectáculo.
- Unidade e división na aparencia.
- O proletariado como suxeito e como representación.
- Tempo e historia.
- O tempo espectacular.
- A ordenación do territorio
- A negación e o consumo da cultura.
- A ideoloxía materializada.
Edición de 1983
[editar | editar a fonte]A portada do libro na edición de 1983 é derivada dunha fotografía do fotógrafo da revista Life, JR Eyerman. O 26 de novembro de 1952, no Teatro Paramount (Oakland, California), estreouse a película Bwana devil por Arch Oboler, a primeira longametraxe en 3-D (tamén coñecido como 'Visión Natural'). Eyerman tomou unha serie de fotografías do público usando lentes 3-D.
A revista Life usou unha das fotos como portada dun folleto sobre a década de 1946-1955. A fotografía empregada por Debord mostra ao público en "estado practicamente transo de absorción, as caras escuras, os seus beizos franzidos". Non obstante, na escollida pola revista Life, "os espectadores están rindo, as súas expresións de alegría transmiten o pracer dun espectador activo". Unha imaxe totalmente distinta á escollida por Debord.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- La Société du spectacle, filme de 1974 dirixido por Guy Debord.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Debord, Guy (2003). Pre-Textos, ed. La Sociedad del espectáculo. Valencia. ISBN 84-8191-442-8.