Saltar ao contido

La Ragazzona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Ragazzona
Historial Venecia[1]
España[1]
Operador Armada Invencible (Real Armada Española)
Destino Afundido o 8 de decembro de 1588 [2] na ría da Coruña, España España
Características xerais
Eslora 36m [1]
Armamento 30 canons [1]
Velocidade Máxima:
Tripulación 300 mariñeiros [1]

La Ragazzona foi un barco de guerra da República de Venecia que foi alugado por Filipe II de España para que formase parte da Armada Invencible que ía enviar contra Inglaterra. Afundiuse no 1588 antes de chegar ao porto da Coruña por mor dunha tormenta[2].

Na Armada Invencible

[editar | editar a fonte]
A Armada Invencible loitando contra a inglesa.
Véxase tamén: Armada Invencible.

A nave foi alugada polo rei Filipe II para que formase parte da súa Armada Invencible que ía enviar no seu plan de invadir Inglaterra. La Ragazzona foi o buque insignia da escuadra de Levante, composta por nove barcos e dirixida por Martín de Bertedona[1].

Tralo fracaso dos plans de Filipe II de invadir Inglaterra, La Ragazzona puxo rumbo á península. Chegando á Coruña, e fortemente danado tras a batalla, foi vítima dunha tormenta que o afundiu o 8 de decembro de 1588[2].

Despois de afundirse

[editar | editar a fonte]

Os canóns que transportaba La Ragazzona foron levados á Coruña onde foron fundamentais para a defensa da cidade dos ataques do corsario inglés Francis Drake no 1589[1], defensa na que destacou a actuación de María Pita.

Os seus restos permaneceron esquecidos durante varios séculos ata que no 2013 un equipo dirixido pola Universidade de Santiago de Compostela[3] os redescubriu, en colaboración coa Armada española e a empresa Argos.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "El mayor buque de la Armada Invencible, La Ragazzona, hallado en Ferrol" Arquivado 26 de xuño de 2013 en Wayback Machine., artigo en La aventura de la historia, 11 de marzo de 2013 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 2,2 "El galeón perdido de la Invencible", artigo de Lorena Bustabad en El País, 8 de marzo de 2013 (en castelán).
  3. "En busca de La Ragazzona, el mayor buque de la Armada Invencible", artigo en El Imparcial, 22 de marzo de 2013 (en castelán).