Saltar ao contido

La Nausée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Nausée
Autor/aJean-Paul Sartre
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Xénero(s)romance filosófico
EditorialÉditions Gallimard
Data de pub.1938
Na rede
BNE: XX2179690
editar datos en Wikidata ]

La Nausée (A náusea) é a primeira obra filosófica de Jean Paul Sartre, comezada en 1931, cando o autor tiña só dezaseis anos, e publicada en 1938.

Argumento

[editar | editar a fonte]

O personaxe principal é Antoine Roquetin, quen, mediante o papel de narrador-protagonista e por medio dun diario, conta as actividades que permiten coñecer o pensamento do autor e reflexionar sobre a existencia.

Roquentin inicia o seu relato co desexo de ensinar os seus días en follas dun diario.

Home de trinta anos dedicado ó seu traballo e debido a isto viaxa moito, estaba realizando unha investigación sobre a vida de Monsieur Rollebon, aventureiro do século XVIII, por iso viaxou desde París ata Bouville, xa que nesa biblioteca estaba a información máis completa sobre este personaxe, a súa biografía.

Hospedouse en Rendez-vouz des Cheminots, onde vivía só e non tiña ningunha amizade, soamente se relacionaba con Françoise que era a patroa da súa posada, coa que soamente mantiña contacto físico ou sexual.

Pasaba os días na biblioteca da cidade entregado á investigación de Rollebon e paseando mentres facía breves pausas para preguntarse sobre a súa existencia. Frecuentemente ía polo Café Maby, onde analizaba á xente, obxectos etc. Pensaba que cada home existe a pesar de si mesmo, as cada home, actividade ou falta desta ata a mesma idea da vida producían no home un sentimento de noxo ó que o autor chama: a náusea.

Roquentin tivera un amor, Anny, que a pesar de que ten unha vida solitaria e moito interese polo traballo, descríbenos brevemente a Anny pero permítenos coñecer o profundo sentimento e a relación e o afecto que sente por ela a pesar da distancia que os separa. Na biblioteca coñece ó autodidacta, que é un home de grandes coñecementos, entregado á lectura, co cal mantén unha relación non lonxe da amizade, o único que sabemos del é que nun almorzo puido falar e compartir as súas ideas co protagonista.

Un día Roquentin recibe unha carta de Anny na que ela expresa en poucas palabras que ten moitas ganas de velo. O protagonista agardaba o encontro coa súa amada con moitas ganas xa que esperaba que ela fose unha salvación para as súas náuseas.

Mentres pasaba o tempo, o seu interese pola biografía de Rolleban ía diminuíndo cada vez máis ata que conseguiu fartalo, por esta razón, agardou ata atoparse con Anny e despois volveu 3 anos despois a París. Finalmente chegou o sábado en que catro anos despois miraría a Anny, foi ó lugar sinalado e cando a viu, notouna cambiada, fría, orgullosa e distante, o tempo separaraos, aproveitou para reclamarlle feitos do pasado e recordar discusións que só os facían máis distantes. Despois dalgún tempo falando, Anny pídelle que se vaia xa que estaba esperando a alguén.

Non volvería vela, acababa de recuperala e xa a perdía de novo, quedou mirando para ela desde lonxe mentres ela ía acompañada por outro home. Roquentin regresou ó hotel en Bouville, acudiu a despedirse de todo o que constituía a súa vida e os seus rutineiros días, na biblioteca atopouse co autodidacta pero nunha situación que lle fixo comprender que o humanismo deste non era nada máis que a sensualidade e o desexo polos homes.

Finalmente recolleu todas as súas pertenzas e volveu a París.