Saltar ao contido

La Montaña (Oza)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Montaña

Editar o valor en Wikidata
Remata1899
Lingualingua castelá
LocalidadeOza
ISSN2341-4642
Na rede
HemBNE: 29700503
editar datos en Wikidata ]

La Montaña foi un semanario editado no Concello de Oza entre 1898 e 1899.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario. Defensor de los intereses morales y materiales del distrito, apareceu o 10 de xullo de 1898.[1] Dirixido por José Moscoso Rey,[2] caracterizouse pola loita contra o caciquismo, a reivindicación da defensa dos intereses locais e o seu escepticismo político ante a guerra de Cuba. No seu primeiro número declara:

No nos mueve otro móvil que el contribuir a que la opinión y las autoridades llamadas a poner remedio a este caos administrativo se penetren de las causas que lo motivaron y de las soluciones que se precisan para que de una vez termine estado de cosas tan insostenible.

Incluíu textos literarios que aparecían nas seccións "Cosas", "Conversa", "Charada" e "Cuento". Entre os seus colaboradores figuraron Francisco Añón e Manuel Curros Enríquez. Editábase na imprenta e librería de Carré. Cesou a súa publicación o 2 de abril de 1899.

  1. La Idea Moderna, 12-7-1898, p. 2.
  2. La Correspondencia Gallega, 8-7-1898, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]