La Coruña Cómica
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
La Coruña Cómica foi unha revista editada na Coruña entre 1890 e 1891.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Semanario satírico ilustrado, apareceu en febreiro de 1890 fundado por Eladio Fernández Diéguez e Real[1]. Colaboraron os debuxantes Macías, Román Navarro, L. Pardo e Urbano González[2]. Foi suspendida e volveu aparecer en outubro[3]. Cesou a súa publicación en 1891[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A Monteira, 15-2-1890, p. 5.
- ↑ El Lucense, 24-2-1890, p. 3.
- ↑ A Monteira, 25-10-1890, p. 5.
- ↑ El Regional, 6-1-1892, p. 1.