La Churrería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da bisbarra

La Churrería é unha bisbarra histórica castellá. Comprende maioritariamente localidades da provincia de Segovia, agás de Campaspero, na provincia de Valladolid. Sitúase no centro da Meseta Norte, na comunidade autónoma de Castela e León, España.

Está integrada por sete localidades, distribuídas en cinco municipios. Todas elas comparten trazos comúns, diferenciadores, que as distinguen do resto de localidades da zona.

Os seus concellos son:

Non se debe confundir La Churrería histórica coa actual Mancomunidade de La Churrería, de distribución de auga, integrada por bastantes máis concellos sen ningún vencello coa devandita bisbarra histórica.

Os seus habitantes son coñecidos como churros, polo que é un xentilicio aplicado a xente de varias localidades e polo tanto, de distinta procedencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • José María Viloria García (2006). Curiosidades Históricas (Campaspero-Bahabón-Cogeces del Monte-Torrescárcela-Aldealbar-Santibáñez de Valcorba) Personas e instituciones. Diputación de Valladolid. ISBN 84-7852-182-8. 
  • José María Viloria García (2002). Los pueblos del Sexmo de Valcorba. Diputación de Valladolid. ISBN 84-7852-208-5.