Saltar ao contido

La Cepeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Cepeda
Imaxe
Localización
 Situado en
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0dlk3qn Editar o valor en Wikidata
Wikidata

La Cepeda[1] é unha rexión natural na provincia de León, entre a Maragatería, O Bierzo, a Omaña e a Vega del Órbigo. Trátase dunha bisbarra histórica sen recoñecemento administrativo. Ten unha extensión de 506,4 km².

Poboación

[editar | editar a fonte]

Abrangue un total de 44 pequenos núcleos de cinco concellos.[1] Os concellos de Quintana del Castillo e Villagatón forman La Cepeda Alta, e Magaz de Cepeda, Villamejil e Villaobispo de Otero forman La Cepeda Baja. Os lugares adoitan estar preto dun río. Moitos destes núcleos son de orixe romana, xa que se localizan diferentes castros dentro da bisbarra.

O concello Magaz de Cepeda está composta por 5 pobos, que son: Benamarías, Magaz de Cepeda, Porqueros, Vega de Magaz e Zacos. Quintana del Castillo está composta por 13 pobos, que son: Abano, Castro, Donillas, Escuredo, Ferreras, Morriondo, Palaciosmil, Quintana del Castillo, Riofrío, San Feliz de las Lavanderas, La Veguellina, Villameca e Villarmeriel. Villagatón está composta por 9 pobos, que son: Brañuelas, Culebros, Manzanal, Montealegre, Requejo y Corús, La Silva, Ucedo, Valbuena e Villagatón. Villamejil está composta por 7 pobos, que son: Castrillos, Cogorderos, Fontoria, Quintana, Revilla, Sueros e Villamejil. Villaobispo de Otero está composta por 6 pobos, que son: Brimeda, Carneros, La Carrera, Otero de Escarpizo, Sopeña e Villaobispo de Otero.

É de tipo continental, con invernos moi fríos e veráns cálidos. A temperatura media anual sitúase arredor dos 10 °C, a media do mes máis frío está entre 2º e 4º, chegando a mínimas de ata -10 °C, e a media do mes máis cálido sitúase entre 18 °C e 20 °C alcanzando máximas de 35 °C.

A duración do perido frío comprende de 7 a 9 meses, entendendo como mes frío aquel no que a temperatura media é menor de 7 °C.

O período de xeadas esténdese dende outubro a maio.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

A parte norocidental está constituída por lousas, mentres que a parte nororiental e o suroccidental son terreos de cuarcitas.

En xeral o substrato xeolóxico está formado por terreos pobres. Só os chans aluviais das estreitas veigas dos ríos e regueiros son de boa calidade con abundate materia orgánica, boa textura e escasa pedregosidade.

Vexetación

[editar | editar a fonte]

A vexetación desta bisbarra componse polo carballo e en menor medida a aciñeira (Quercus ilex). Nas veigas abundan o lamigueiro, o ameneiro (Alnus glutinosa), o salgueiro. Nos montes predomina o breixo, a carroucha ou a queiroga de Umbela, as vasoiras (Adenocarpus), o toxo (Ulex europaeus), o piorno (Genista), a carqueixa (Genista tridentata), o codeso (Halimium), a silveira (Rubus idaeus).

Construcións

[editar | editar a fonte]

Son pequenas casas agrupadas arredor da igrexa e preto do cemiterio. As casas tiñan unha porta grande que permitía o paso de carruaxes facía o portal. Moitas delas tiña dous plantas, á planta de arriba accedíase por unha escaleira que estaba no curral a través do corredor, onde estaban os cuartos. Dende o curral tamén se accedía ás cortes, cochineras, palleiro e demais dependencias do agricultor.

  1. 1 2 "La comarca leonesa La Cepeda" (en castelán).