La Banda Trapera del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
La Banda Trapera del Río
OrixeCornellà de Llobregat (Barcelona),
Período1976-1982; 1992-1994
Xénero(s)punk rock
Selo(s) discográfico(s)Belter, Munster
MembrosMorfy Grey
Tío Modes
Rockhita
Ray Ban
Raf Pulido
El Montoya
El Subidas

La Banda Trapera del Río foi unha banda de punk rock nacida no barrio La Satélite (hoxe chamado Sant Ildefons) de Cornellà de Llobregat, (Barcelona). Precursores do punk en España e autores da primeira canción rock en catalán: «Ciutat Podrida» («Cidade podrecida», en galego). Estiveron activos desde 1976 a 1982. En 1992, con motivo da reedición dos seus dous primeiros LPs, o grupo volveuse xuntar. Gravaron dous discos máis e volvéronse a separar en 1994.

Forman parte da lenda urbana transgresora e esquecida da vida de arrabalde do cinto barcelonés, que viviu á marxe do rexurdir da cultura catalá e da transición democrática de entón.

O seu guitarrista, Modesto Agrearche, faleceu en 2004.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo formouse en 1976, xusto antes da explosión do movemento punk no Reino Unido. O estalido punk foi unha das súas principais influencias no sentido da provocación, xa que musicalmente, máis que ao punk, a súa música aproximábase ao rock duro, son co que o grupo estaba máis familiarizado (algúns dos seus membros proviñan de grupos de rock sinfónico ou progresivo).

Tras cambiar dúas veces de nome (foron "Al rojo vivo" primeiro e "4x3" despois) comezaron a tocar en directo, onde empezaron a gañar fama pola súa actitude provocadora tocasen onde tocasen. Comezaron a compoñer tamén as súas propias cancións, coa provocación como bandeira. De feito, Morfy Grey recoñeceu que a letra de «La regla» (tema presente no seu primeiro sinxelo) escribiuna unicamente con afán de provocar.

En 1978 recibiron varias ofertas para editar un álbum, decidíndose finalmente pola aposta de Belter. A relación coa discográfica non foi boa en ningún momento. Ese ano apareceu «La Regla» / «Rock Cloaca», considerado como unha das pedras fundacionais do punk en España. A publicación da Banda Trapera del Río atrasouse case un ano, malia que o álbum estaba gravado. Ademais o grupo sempre se queixou de que Belter os enganaba coas cifras de vendas e non lles pagaba as regalías.

Membros[editar | editar a fonte]

Fundadores[editar | editar a fonte]

  • Morfy Grey (Miguel Ángel Sánchez): voz.
  • Tío Modes (Modesto Agriarte): guitarra solista.
  • Rockhita (1976-1979): guitarra rítmica
  • Ray Ban (1976-1979): baixo
  • Raf Pulido: batería

Outros membros[editar | editar a fonte]

  • «El Montoya» (1976-1980): baixo.
  • «El Subidas» (Jordi Pujadas, 1980-1982): baixo

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • La Banda Trapera del Río (Belter, 1979). LP. Reeditado en 1992 por Munster Records.
  • Guante de guillotina (Munster, 1993). LP e CD.
  • Directo a los Cojones (Munster, 1994). CD e duplo LP. Disco en directo.
  • Mentemblanco (Munster, 1994). CD e LP.
  • 1978/1982. Grabaciones Completas (Munster, 2006). Duplo CD/LP cos dous primeiros álbums remasterizados e temas inéditos en directo e das súas maquetas.

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • «La Regla» / «Rock Cloaca» (Belter, 1979). Reeditado en 2006 por Munster.
  • «Tu pistola no me mola» (Discophon, 1983). Single promocional.