Laúde Stössel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laúde Stössel

O laúde Stössel é un instrumento de corda alemán inventado por Georg Stössel en 1914 na cidade de Colonia.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Stössel baixo laúde

Este instrumento é unha mestura dunha cítara de Baviera ou austríaca cun instrumento de mastro como o laúde ou a mandolina. Caracterízase por tocarse colocando a man esquerda nos trastes sen ter que cambiar a posición das mans en cada acorde.[2]

Existen polo menos 5 variantes deste instrumento: de tipo mandolina, sendo deste tipo as primeiras versións, de tipo laúde de 7 e 9 cordas, ademais do tipo baixo laúde e contrabaixo laúde.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Os laúdes tipo Stössel foron populares na década de 1920, decaendo o seu uso a partir de 1930 até ser prohibidos polo goberno Nazi en 1937. A súa produción finalizou en 1943, trala morte e destrución do taller do inventor, debido a un dos bombardeos que arrasaron a cidade de Colonia durante a segunda guerra mundial. Consérvanse moi poucos exemplares.[3]  

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "The Stringed Instrument Database: S". Consultado o 2021-02-03. 
  2. "Instrumentos Musicales en los Museos de URUEÑA". Consultado o 2021-02-03. 
  3. 3,0 3,1 " Stössel-laute, Stoessel lute". Consultado o 2021-02-03.