LM-700

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un satélite Iridium, baseado no bus LM-700, en exposición.

LM-700 (acrónimo de Lockheed Martin 700) é un bus construído pola empresa Lockheed Martin deseñado para satélites de comunicacións.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O bus LM-700 usouse por primeira vez nos satélites Iridium en dúas variantes, LM-700A, especializado en comunicacións, e LM-700B, válido para outros usos. O bus proporciona estabilización nos tres eixos e un sistema de propulsión baseado en hidracina, mentres que a alimentación eléctrica é proporcionada por dous paneis solares con articulación nun eixo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2023). "LM 700" (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Lockheed Martin: LM-700" (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]