Lūcija Ločmele
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de agosto de 1951 Cēsis |
| Educación | Instituto Gerasimov de Cinematografía |
| Actividade | |
| Ocupación | directora de cine |
Lūcija Ločmele, nada en Cēsis en 1951, é unha directora de cine letoa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lūcija Ločmele gradúase na Escola Secundaria de Riga en Artes Aplicadas no ano 1970 e pola Facultade de Cine e Televisión na especialización en Dirección dentro do Instituto dos Estados da Unión para a Cinematografía no ano 1980. Traballou como figurino no Teatro Estatal para a Ópera de Riga. Tomou parte no movemento teatral afeccionado liderado por Robert Liger, autodenominado "Riga Pantonite". Traballou no Riga Film Studio. En 1991, deixa o Film Studio por unha nova posición na televisión onde dirixe historias curtas e episodios de seriais. O seu traballo como directora de longametraxes data de 1983. No ano 1986 recibe o premio a mellor director e a mellor filme no prestixioso festival letón Great Kristaps pola súa película "Saulessvece", conformando o récord de obtención deste premio co maior número de competidores da historia do festival, un total de 27 nomeamentos acadaron a fase final aquel ano[1]. Desde o 1992 a 1996 forma parte da dirección da canle letoa TV 4. É membro da Unión de Cineastas desde 1989 e membro do club de Directores de Cine de Riga.[2]
O problema do alcolismo ou a adolescencia son temas preponderantes no seu cinema.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Longametraxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lūcija Ločmele Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ Lūcija Ločmele(en letón)