Língua geral paulista
Aparencia
| Língua geral paulista | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A língua geral paulista ou tupí austral era o termo co que se coñecía unha das dúas línguas gerais, unha lingua franca tupí crioula.[1] Falábase orixinalmente en São Vicente, São Paulo, e na parte alta do río Tietê. No século XVI, era amplamente falada en São Paulo e o seu uso estendeuse a rexións veciñas.[1] A comezos de 1750, e por orde do Marqués de Pombal, tódolos nenos brasileiros debían ser ensinados en portugués nas escolas. Por mor disto, a língua geral paulista foi perdendo terreo fronte ao portugués e extinguiuse.[1]