Saltar ao contido

Língua geral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Língua geral
 Instancia de
 Subclase de
Clasificación lingüística
Códigos e identificadores
Freebase/m/02_l7g Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A língua geral é o termo empregado para describir o nome de dúas linguas francas e crioulas que foron faladas no Brasil: a língua geral paulista (tamén coñecida como tupí austral ou tupí do sur), a cal foi falada na rexión de São Paulo mais que no presente está extinta, e a língua geral amazônica (tupinambá) da cal o seu descendente moderno é o nheengatu.

Ámbalas dúas eran versión simplificadas da lingua tupí, a lingua nativa dos pobos tupís. Os colonizadores portugueses chegaron ao Brasil no século XVI e atoparon unha poboación indíxena que falaba moitas linguas diferentes, polo que estabeleceron un método efectivo de comunicación entre os diferentes grupos. As dúas linguas francas foron usadas polos xesuítas nas súas misións do Brasil e polos primeiros colonizadores; posteriormente foi a lingua dos escravos africanos e doutros grupos de indíxenas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]