Kökar é unha illa e municipio do arquipélago de Åland, Finlandia. Ten unha poboación de 293 habitantes e unha superficie de 57,80 km². A densidade de poboación é de 5,1 habitantes por km². Na illa localízase a reserva natural de Östra Långskär. Habitada desde hai 3000 anos por xente que vivía do que daba o mar. No século XV construíuse un mosteiro franciscano que actualmente está en ruínas, no seu lugar en 1784 edificouse unha igrexa dedicada a Santa Ana.
A illa consta dunha oficina de correos na que traballan cinco empregados. Todo o correo, agás o xerado localmente, se recibe por barco e se distribúe nunha furgoneta, a oficina conta co seu propio servizo filatélico, probablemente o que ten unha taxa de cobertura por habitante máis pequeno do mundo polo que a illa é coñecida internacionalmente nos ambientes filatélicos.