Kvaløya (Tromsø)
(se) Sállir | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Tromsø, Noruega | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Noruega | ||||
Características | |||||
Dimensións | 30,2 () × 46,6 () km | ||||
Punto máis alto | Store Blåmann (en) | ||||
Superficie | 737 km² | ||||
Kvaløya (saami setentrional: Sállir; lit. "Illa Balea") é unha illa Noruega, en Tromsø. Ten unha superficie de 737 km², converténdose na quinta illa máis grande da Noruega continental. Está conectada coa illa veciña de Tromsøxa, ao leste coa ponte Sandnessund, e a Ringvassøxa, ao norte co tunel submarino Kvalsund, a Sommarøe ao oeste pola Ponte Sommarøe, e ao continente ao sur polo Túnel Rya. A illa de Sommarøe, na costa suroeste, é unha popular zona de recreo cunha magnifica paisaxe costeira.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Kvaløxa é unha illa montañosa, con polo menos dez montañas de máis de 700 m, e tres que alcanzan unha elevación de máis de 1.000 m. dos cales o máis alto é Store Blåmann con 1.044 m., pódese escalar sen equipo de subida, a última parte é empinada. Hai tamén varios pequenos fiordes, que dividen a illa en dúas ou tres porcións: Kaldfjorden, Ersfjorden, e Kattfjorden. O Rystraumen é unha corrente de marea no Estreito Straumsfjorden que separa Kvaløxa do continente ao sur. Preto desta corrente, no lado de Kvaløxa, atópase Straumhella (a 30 km da cidade), unha popular zona recreativa con boas oportunidades de pesca. Ryøxa é unha illa no medio de Rystraumen, cunha pequena poboación de bois almiscreiros pastando no bosque de piñeiros silvestres, a única poboación deste tipo en Noruega do Norte.
Demografía
[editar | editar a fonte]Aproximadamente 11.000 persoas viven en Kvaløxa, a maioría delas no lado oriental preto de Kvaløysletta (que constitúe unha área suburbana da cidade de Tromsø) cerca da ponte de Sandnessund.
Clima
[editar | editar a fonte]Segundo as estatísticas climáticas oficiais, a costa oeste de Kvaløxa, fronte ao mar aberto, é a parte máis cálida do municipio de Tromsø. A estación meteorolóxica de Sommarøe, na costa oeste, ten unha media de -1.9ª C en xaneiro, e unha temperatura media de 11´9 °C en xullo e unha tmperatura media anual de 3´9 °C, mentres que a precipitación anual é fe 940 mm.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Store norske leksikon. "Kvaløya – øy i Tromsø" (en Norwegian). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2013. Consultado o 2012-12-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kvaløya |