Kumārila Bhaṭṭa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKumārila Bhaṭṭa
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Assam Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VII Editar o valor em Wikidata
Varanasi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , filósofo Editar o valor em Wikidata

Kumārila Bhaṭṭa foi un filósofo hindú ou brahmánico e estudoso Mīmāṃsā indio que floreceu arredor do ano 700. É célebre por moitos dos seus traballos sobre o Mimamsa, como Mimamsaslokavarttika. Bhaṭṭa foi un devoto crente na validez suprema do mandato védico, un gran defensor do Pūrva-Mīmāṃsā e un ritualista confirmado.[1] O Varttika está escrito principalmente como un subcomentario sobre o comentario de Sabara sobre os Purva Mimamsa Sutras de Jaimini. Algúns estudosos clasifican a súa filosofía como reslismo existencial.[2]

Os estudosos difiren sobre as opinións de Kumārila Bhaṭṭa sobre un Deus persoal. Por exemplo, Manikka Vachakar cría que Bhaṭṭa promovía un Deus persoal[3] (saguna brahman), que entra en conflito coa escola Mīmāṃsā. En Varttika, Kumārila Bhaṭṭa chega lonxe ata discutir a teoría do Deus creador[4] e mantén que as accións impostas no Veda tiveron resultados definitivos sen interferencia externa.

Kumārila tamén está considerado como o creador da formulación lóxica da crenza Mimamsa de que os Vedas non teñen autor (apauruṣeyā). En particular, destaca a súa defensa contra as posicións budistas medievais sobre os rituais védicos. Algúns pensan que isto contribuíu á decadencia do budismo na India,[5] porque a súa vida coincide co período en que o budismo comezou a declinar.[1] De feito, o seu éxito dialéctico contra os budistas está confirmado polo historiador budista Taranatha, que informa de que Kumārila venceu os discípulos de Buddhapalkita, Bhavya, Dharmadasa, Dignaga e outros.[6] A súa obra influíu fortemente noutras escolas filosóficas indias,[7] coas excepcións de que mentres a escola Mimamsa considera os Upanishads subordinados aos Vedas, a escola Vedanta non o cre.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Shlokavartika ("Exposición nos versos", comentario sobre a obra de Shabara Commentary on Jaimini's Mimamsa Sutras, Bk. 1, Ch. 1)[8]
  • Tantravartika ("Exposición sobre as ciencias sagradas", comentario sobre a obra de Shabara Commentary on Jaimini's Mimamsa Sutras, Bk. 1, Ch. 2–4 e Bks. 2–3) [9]
  • Tuptika ("Exposición completa", comenatrio sobre a obra de Shabara Commentary on Jaimini's Mimamsa Sutras, Bks. 4–9)[10]
  • Kataoka, Kei, Kumarila on Truth, Omniscience and Killing. Part 1: A Critical Edition of Mimamasa-Slokavarttika ad 1.1.2 (Codanasutra). Part 2: An Annotated Translation of Mimamsa-Slokavarttika ad 1.1.2 (Codanasutra) (Wien, 2011) (Sitzungsberichte der philosophisch-historischen Klasse, 814; Beiträge zur Kultur- und Geistesgeschichte Asiens, 68).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sharma, páx. 5–6.
  2. Bhatt, páx. 6.
  3. A History of Indian Philosophy por Surendranath Dasgupta. páx. 156.
  4. Bales, páx. 198.
  5. Sheridan, páx. 198-201
  6. Arnold, p. 4.
  7. Bhatt, páx. 3.
  8. Shlokavartika
  9. Tantravartika
  10. Tuptika

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arnold, Daniel Anderson. Buddhists, Brahmins, and Belief: Epistemology in South Asian Philosophy of Religion. Columbia University Press, 2005. ISBN 978-0-231-13281-7.
  • Bales, Eugene (1987). A Ready Reference to Philosophy East and West. University Press of America. p. 201. ISBN 9780819166401. Buddhist philosophy as presented in Mimamsa Sloka Vartika. 
  • Bhatt, Govardhan P. The Basic Ways of Knowing: An In-depth Study of Kumārila's Contribution to Indian Epistemology. Delhi: Motilal Banarasidass, 1989. ISBN 81-208-0580-1.
  • Bhatta, Kumarila (1985). Slokavarttika. traducido por Ganganatha Jha. The Asiatic Society, Calcutta. 
  • Matilal, Bimal Krishna (1990). The word and the world: India's contribution to the study of language. Oxford. 
  • Rani, Vijaya (1982). Buddhist Philosophy as Presented in Mimamsa Sloka Varttika. 1st Ed. Parimal Publications, Delhi ASIN B0006ECAEO. 
  • Pollock, Sheldon (2006). The Language of the Gods in the World of Men – Sanskrit, Culture and Power in Premodern India. University of California Press. 
  • Sharma, Peri Sarveswara (1980). Anthology of Kumārilabhaṭṭa's Works. Delhi, Motilal Banarsidass. 
  • Sheridan, Daniel P. "Kumarila Bhatta", en Great Thinkers of the Eastern World, ed. Ian McGready, Nova York: Harper Collins, 1995. ISBN 0-06-270085-5
  • A Hindu Critique of Buddhist Epistemology. traducido por John Taber. Routledge. Jan 2005. ISBN 978-0-415-33602-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]