Kosmos 496

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 496
TipoDemostrador tecnolóxico
Data de lanzamento26 de xuño de 1972[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso1 de xullo de 1972[1]
NSSDC ID1972-045A

Kosmos 496 ou Cosmos 496 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 26 de xuño de 1972 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 496 foi unha Soiuz modelo 7K-T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas despois da traxedia da Soiuz 11, na que faleceron tres cosmonautas. A investigación do accidente deu como resultado a proposta dunha serie de melloras implementadas na Kosmos 496, como a redución de masa eliminando os paneis solares debido á imposición de que os cosmonautas en adiante usaran traxes de presión durante a engalaxe e a aterraxe para evitar repetirse o accidente da Soiz 11. A necesidade do uso dos traxes ademais reduciría a tripulación de tres a dous nas naves Soiuz por cuestións de espazo e masa. Como resultado, a Soiuz 7K-T, deseñada para acoplarse a estacións espaciais e pasando polo tanto un tempo limitado no espazo sendo autónoma, funcionaría so con baterías. A misión da Kosmos 496 ademais duraría seis días en lugar dos tres normais con tripulación. A nave regresou a terra o 1 de xullo de 1972 tras cumprir os seus obxectivos.[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 496" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 496" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 11 August 1972 from the First Deputy Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (72-15746 (E)). 14 de agosto de 1972: 3. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Kosmos-496: Fixing Soyuz-11 flaws" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]