Kosmos 25

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 25
Tipo Militar
Destino actual Reentrado na atmosfera.
Data de lanzamento 27 de febreiro de 1964, 13:26 GMT[1][2][3]
Foguete portador Kosmos[2][4]
Sitio de lanzamento Kapustin Yar[2]
Obxectivo da misión Servir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2]
Decaemento 21 de novembro de 1964[1]
NSSDC ID 1964-010A
Masa 355 kg[5]

Kosmos 25 (Космос 25 en ruso), tamén denominado DS-P1 Nº4, foi un satélite artificial soviético lanzado o 27 de febreiro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 25 foi o cuarto e último membro (e terceiro lanzado con éxito) da serie de satélites DS-P1, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración e para a elaboración dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra. Usaba células solares colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite.[5]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 526 km de apoxeo e 272 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 92,1 minutos.[5][3]

Kosmos 25 reentrou na atmosfera o 21 de novembro de 1964.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "COSMOS 25" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=757. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cosmos 25" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1964-010A. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 18 March 1964 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-06832): 2. 23 de marzo de 1964. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1051. 
  4. 4,0 4,1 "DS-P1" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-p1.htm. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "DS-P1" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsp1.htm. Consultado o 24 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]