Saltar ao contido

Kosmos 219

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 219
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento26 de abril de 1968, 4:42 GMT[1][2][3][4][5]
Foguete portadorKosmos 2I[2][6]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre e as partículas cargadas.[2]
Decaemento2 de marzo de 1969[1]
NSSDC ID1968-038A
Masa400 kg[7]

Kosmos 219 (Космос 219 en ruso), tamén denominado DS-U2-D Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 26 de abril de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][6][8][9]

Características

[editar | editar a fonte]

Kosmos 219 foi o segundo e último membro do modelo de satélites DS-U2-D. Estaba adicado a facer observacións das partículas cargadas e da magnetosfera terrestre, seguindo as observacións que fixo o primeiro membro da serie, o Kosmos 137. Kosmos 219 foi inxectado nunha órbita inicial de 1770 km de apoxeo e 222 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 104,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1969.[1][3][7]

Resultados

[editar | editar a fonte]

Kosmos 219 obtivo o espectro de electróns na parte interior do cinto de Van Allen e mediu a distribución angular de partículas ó longo da súa órbita.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 219" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 219" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 8 May 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (68-12694). 3 de xuño de 1968: 2. A/AC.105/INF.189. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. "SPACECRAFT SCOREBOARD 1968 Part 1 continued" (PDF). 25 de xullo de 1968: 148. FLIGHT International. Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  5. Claude Lafleur (2010). "Kosmos 219" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-D" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "DS-U2-D" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2012. 
  8. "Russia Launches Cosmos 219" (PDF) (258). 26 de abril de 1968: 1. Quebec Chronicle-Telegraph. Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  9. "La U.R.S.S. lanza el «Cosmos 219»" (PDF). 27 de abril de 1968: 21. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. Consultado o 28 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]