Konstantin Vasilioglu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Konstantin Vasilioglu
Nacemento27 de febreiro de 1938
 Óblast de Odesa
Falecemento10 de xaneiro de 2014
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Konstantin Konstantinovich Vasilioglu, nado en Satılık-Hacı o 27 de febreiro de 1938 e finado en Chișinău o 10 de xaneiro de 2014[1] , foi un escritor ucraíno en lingua gagauza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha aldea localizada na zona de maioría gagauza do distrito de Bolhrad en Ucraína. Estudou na súa aldea natal e logo no instituto pedagóxico, traballando despois como profesor de escola e dende 1990 no Instituto de Pedagoxía e Psicoloxía de Chișinău. En 1959 apareceu na antoloxía Bucaktan Seslär e en publicou a súa primeira colleita de poesía, Sevgilim e xa en 2003 a segunda Vatanim-Bucak, de 2007 é a terceira Bucak Dannari e nese ano apareceu a súa primeira colección de relatos, Sofra ao que seguiu o ano seguinte Cömert tarafìm. Escribiu tamén diversos textos escolares para o ensino da lingua gagauza e foi un dos compoñentes que elaboraron as normas da lingua gagauza ao cambiar do alfabeto cirílico ao latino e que se publicaron en 1995[2].

Notas[editar | editar a fonte]