Kokkeibon
O kokkeibon (xaponés: 滑稽本, lit. "libro cómico") foi un xénero literario e un tipo de novela do Xapón premoderno. Destaca pola súa representación dos comportamentos cómicos da xente común.
Historia
[editar | editar a fonte]O kokkeibon descende dun xénero anterior, o dangibon.[1] Apareceu no século XIX, durante o remate do período Edo (1603-1868). A súa primeira obra representativa é Tōkaidōchū Hizakurige 東海道中膝栗毛 ("Viaxes entre Toquio e Kyoto", 1802-1822), de Jippensha Ikku (1765-1831).
O xénero alcanzou o seu auxe entre 1804 e 1830. Os seus autores máis destacados son Jippensha Ikku e mais Shikitei Sanba (1776-1822).[2] Deste último, destaca Ukiyoburo 浮世風呂 ("Os baños do mundo flotante", 1809-1813).
Características
[editar | editar a fonte]O kokkeibon adoita representar o humor propio da xente común, mediante diálogos entre as personaxes. Os libros inclúen ilustracións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VV. AA. 1984, p. 635-636.
- ↑ Tanahashi 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tanahashi, Masahiro (2015). "The birth of kokkeibon (comic novellas)". En Lurie, David; Shirane, Haruo; Suzuki, Tomi. The Cambridge History of Japanese Literature (en inglés). Cambridge University Press. pp. 523–531. ISBN 9781107029033.
- VV. AA. (1984). 日本古典文学大辞典 第2巻 ("Gran dicionario de literatura clásica xaponesa, vol. 2") (en xaponés). Iwanami Shoten. ISBN 9784000800624.