Kitasato
Aparencia
O kitasato[1] ou matraz[2] Kitasato é un tipo de recipiente de vidro de laboratorio. É normalmente usado xunto co funil de Büchner en filtracións por succión ao baleiro. Está constituído por un vidro resistente cun orificio lateral. Unha das utilizacións do kitasato sería para verificar a presenza de humidade en gases. O gas a ser filtrado é inxectado dentro da cámara do Kitasato a través dunha mangueira de teflón (o paso superior debe ser pechado cunha rolla) e unha segunda mangueira é colocada na saída lateral do recipiente. Esta peza debe o seu nome a Shibasaburo Kitasato, bacteriólogo xaponés (1852-1931).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de kitasato* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para matraz.
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |