Kentelec 8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Kentelec 8 foi un ordenador desenvolvido e presentado en 1974. Foi un dos primeiros ordenadores comerciais baseados en microprocesador e o primeiro microordenador deseñado e construído en España.

Historia[editar | editar a fonte]

O ordenador foi desenvolto por Distesa, pertencente a Anaya Editorial, como resultado do interese do grupo pola aplicación das tecnoloxías a ensinanza. Foi deseñado por Manel Puigbó Rocafort e un equipo de colaboradores.

O nome provén de Kentel, o nome orixinal dun panel de probas de montaxes electrónicas deseñado polo propio Puigbó, ao que se lle engadiu a abreviatura EC (do inglés Electronic Computer) e un 8, en referencia ao número de bits cos que traballaba o procesador.

O prototipo foi presentado no ano 1974, un ano despois do Micral N francés (o primeiro ordenador comercial baseado en microprocesador) e uns meses antes do Scelbi-8H, precursor da informática doméstica.

Tiña altas prestacións para a época, pero o equipo era caro, o que propiciou que se deixase de fabricar cando se levaban producidas 10 unidades.

Características[editar | editar a fonte]

O deseño orientouse o estudo dos microprocesadores. No panel amosaba diversos datos internos da máquina. Incluía un teclado hexadecimal e un zócolo programador de EPROMs. Inicialmente funcionaba cun procesador Intel 8008, que foi substituído posteriormente por un 8080. Como periférico de entrada e saída empregaba unha cinta perforada. Posuía unha memoria de 8 Kb, ampliable a 16 Kb.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]