O Kauno sporto halė, tamén coñecido en inglés como Kaunas Sports Hall, é unha instalación deportiva cuberta adicada especialmente á disputa de partidos de baloncesto situada en Kaunas, Lituania. Con capacidade para 5.000 espectadores foi especialmente inaugurada para o terceiro campionato de Europa de seleccións de baloncesto de 1939. É o pavillón onde xoga como local o Lietuvos Rytas. Forma parte do complexo Stepono Dariaus ir Stasio Girėno.