Katie White
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Katie Rebecca White 18 de xaneiro de 1983 Wigan, Reino Unido (pt) |
| Educación | Lowton Church of England High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, cantautora, rapeira, compositora de cancións, música, guitarrista, multiinstrumentista |
| Período de actividade | 1998 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música para bailar, Dance-punk, pop dance, new rave (pt) |
| Tesitura | Mezzosoprano |
| Instrumento | Guitarra, voz, baixo e teclado |
| Selo discográfico | Columbia Records |
| Compañeiro profesional | Jules De Martino: The Ting Tings |
| Sitio web | thetingtings.com |
Katie Rebecca White, nada en Lowton o 18 de xaneiro de 1983, é unha artista musical inglesa membro do dúo The Ting Tings. Despois de conseguir éxito co grupo punk TKO, o seu pai, David White, introduciu a Jules De Martino para que escribise cancións para TKO.[1] Katie e Jules formaron The Ting Tings no 2007.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Katie White criouse nunha granxa de Lowton[3] co seu pai David White, a súa nai Lynne e a súa irmá Helena. Cando tiña 12 anos, o avó de Katie, Ken White, gañou £6,6 milllóns na Lotería Nacional do Reino Unido, e deulle a cada un dos seus tres fillos, David, Stephen e Richard, £1millón. David usou a súa parte dos cartos para crear unha empresa de xestión musical.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "How feud tore Ting Tings star's family apart". Consultado o 7 de marzo de 2009.
- ↑ "The Band". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2008. Consultado o 13 de marzo de 2009.
- ↑ Published on Wednesday 16 April 2008 11:38 (2008-04-16). "Katie enjoys the fame game - Leisure". Leigh Reporter. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 2012-01-01.