Kathaidwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kathaidwa foi a cidade principal da rexión de Tipiya ou Tipiyawa, na Terra Alta Hitita, na que se estableceron os kaskas no século –XIV. No reinado de Suppiluliumas I os kaskas serían sometidos e obrigados por tratado a achegar continxentes militares ao gran rei hitita, pero á morte do rei, e despois duns meses de goberno de Arnuwandas II, os continxentes xa non serían enviados ao novo rei Mursilis II, o cal foi á zona na súa segunda campaña militar (terceiro ano de reinado); a cidade de Kathaidwa foi destruída e fixéronse moitos prisioneiros cos que retornou á capital Hattusa.