Kappa-bungarotoxina
Kappa-bungarotoxina | |
---|---|
Estrutura tridimensional da α-bungarotoxina, coas pontes disulfuro salientadas, procedente de PDB 1KBA.[1] | |
Identificadores | |
Organismo | |
Símbolo | N/A |
UniProt | P01398 |
Outros datos |
A kappa-bungarotoxina (que se adoita abreviar como κ-Bgt; tamén chamada historicamente toxina F)[2] é unhA neurotoxina proteica da familia da bungarotoxina que se encontra no veleno da serpe Bungarus multicinctus. A kappa-bungarotoxina é un antagonista de alta afinidade dos receptores de acetilcolina nicotínicos, especialmente de CHRNA3; causa un bloqueo postsináptico da neurotransmisión. Aínda que existe unha variabilidade significativa nos efectos clínicos das trabadas de serpe, a parálise neuromuscular e a insuficiencia respiratoria están asociadas coa trabada das serpes do xénero Bungarus.[3]
Descubrimento
[editar | editar a fonte]A kappa-bungarotoxina foi descuberta en 1983 como compoñente do veleno da serpe Bungarus multicinctus, que difería en efectos biolóxicos da previamente coñecida alfa-bungarotoxina: a kappa, pero non a alfa, podía impedir a sinalización nicotínica no ganglio ciliar da galiña.[4] Esta bungarotoxina foi designada "kappa" en alusión á palabra latina kiliaris ("do ollo"), e á raíz de "ciliary".[4] As toxinas identificadas separadamente que foron denominadas "toxina F" e "bungarotoxina 3.1" foron despois identificadas por secuenciación de proteínas como idénticas á kappa-bungarotoxina.[2]
Mecanismo e efectos biolóxicos
[editar | editar a fonte]A kappa-bungarotoxina únese aos receptores de acetilcolina nicotínicos dos ganglios do sistema nervioso autónomo, predominantemente á subunidade alfa 3 do receptor nicotinico (CHRNA3) e en menor medida á alfa 4. Identificáronse dúas superficies de unión distintas, ambas na cara extracelular N-terminal da subunidade receptora.[5]
A kappa-bungarotoxina é un antagonista de receptor, o que significa que bloquea a resposta normal do receptor da acetilcolina, o cal inhibe a neurotransmisión e, por tanto, causa parálise neuromuscular. Igual que a alfa-bungarotoxina, a kappa-bungarotoxin causa un bloqueo postsináptico de sinalización; isto está en contraste coa beta-bungarotoxina, que induce un bloqueo presináptico.[3] A distinción entre os efectos das formas alfa e a kappa foi primeiro identificada funcionalmente como diferenzas nos efectos sobre estruturas neurais específicas.[4][6] A base desta diferenza funcional foi caracterizada molecularmente como diferenzas na especificidade no subtipo de receptor; os receptores pentaméricos son ensamblados con diferentes distribucións de subunidades nas neuronas e nos músculos.[5]
Estrutura
[editar | editar a fonte]A kappa-bungarotoxina é un polipéptido de 66 aminoácidos e prégase nunha estrutura de folla beta antiparalela estabilizada por cinco pontes disulfuro conservadas, unha característica estrutural compartida por moitas toxinas peptídicas. A diferenza doutros membros da familia das bungarotoxinas, a kappa é un dímero.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Dewan JC, Grant GA, Sacchettini JC (November 1994). "Crystal structure of kappa-bungarotoxin at 2.3-A resolution". Biochemistry 33 (44): 13147–54. PMID 7947721. doi:10.1021/bi00248a026.
- ↑ 2,0 2,1 Loring RH, Andrews D, Lane W, Zigmond RE (October 1986). "Amino acid sequence of toxin F, a snake venom toxin that blocks neuronal nicotinic receptors". Brain Research 385 (1): 30–7. PMID 3021284. doi:10.1016/0006-8993(86)91543-x.
- ↑ 3,0 3,1 Ranawaka UK, Lalloo DG, de Silva HJ (2013). "Neurotoxicity in snakebite--the limits of our knowledge". PLoS Neglected Tropical Diseases 7 (10): e2302. PMC 3794919. PMID 24130909. doi:10.1371/journal.pntd.0002302.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Chiappinelli VA (October 1983). "Kappa-bungarotoxin: a probe for the neuronal nicotinic receptor in the avian ciliary ganglion". Brain Research 277 (1): 9–22. PMID 6139146. doi:10.1016/0006-8993(83)90902-2.
- ↑ 5,0 5,1 Chiappinelli VA, Weaver WR, McLane KE, Conti-Fine BM, Fiordalisi JJ, Grant GA (1996). "Binding of native kappa-neurotoxins and site-directed mutants to nicotinic acetylcholine receptors". Toxicon 34 (11-12): 1243–56. PMID 9027980. doi:10.1016/s0041-0101(96)00110-9.
- ↑ Dryer SE, Chiappinelli VA (December 1983). "Kappa-bungarotoxin: an intracellular study demonstrating blockade of neuronal nicotinic receptors by a snake neurotoxin". Brain Research 289 (1-2): 317–21. PMID 6318897. doi:10.1016/0006-8993(83)90033-1.