Kampong Ayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°52′57″N 114°56′33″L / 4.88250, -114.94250

Kampong Ayer.

Kampong Ayer é unha área histórica de Bandar Seri Begawan, a capital de Brunei. Literalmente quere dicir 'vila de auga' (en malaio: Kampung Air). Kampong Ayer está formado por un conxunto de aldeas construídas sobre o río Brunei, sobre todo preto de Pusat Bandar ou o centro da cidade.[1][2] Por iso, a miúdo é descrita como a "Venicia do Leste".[2][3] Kampong Ayer foi historicamente o principal asentamento de Brunei; foi a capital de facto, un centro económico e social do Imperio de Brunei durante séculos, pero a súa influencia tamén se extendeu durante o imperialismo británico en Brunei.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kampong Ayer (Water Village)". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Road Map and Street Index of Brunei Darussalam. p. 34. ISBN 9991790101. 
  3. Welcome to Brunei Darussalam : the complete traveller's guide. ([1st ed.] ed.). Bandar Seri Begawan: Brunei Press. 2000. p. 23. ISBN 9991732055. OCLC 48517132.