K2-18b

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Impresión dun artista que amosa o planeta K2-18b (dereita), orbitando a anana vermella K2-18 (esquerda). O exoplaneta non confirmado K2-18c está representado entre os dous.

K2-18b,[1] tamén coñecido como EPIC 201912552 b, é un planeta extrasolar que orbita a anana vermella K2-18, localizado a 124 anos luz de distancia da Terra.[2] O planeta, descuberto co telescopio espacial Kepler,[3] ten unhas oito veces a masa da Terra, e por iso foi clasificado como unha superterra. Ten unha órbita de 33 días dentro da zona de habitabilidade. En 2019, dous estudos de investigación independentes, combinando datos do telescopio Kepler, do Telescopio Espacial Spitzer e do Telescopio Hubble, concluíron que o planeta contiña significativas cantidades de vapor de auga na atmosfera, a primeira vez nun exoplaneta dentro da zona habitable.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "K2-18b, o planeta que cada vez dá máis evidencias de conter vida". Nós Diario. 19 de setembro de 2023. 
  2. Cloutier, R.; et al. (7 de xaneiro de 2019). "Confirmation of the radial velocity super-Earth K2-18c with HARPS and CARMENES". Astronomy & Astrophysics 621. A49. Bibcode:2019A&A...621A..49C. arXiv:1810.04731. doi:10.1051/0004-6361/201833995. 
  3. Cloutier, R.; et al. (5 de decembro de 2017). "Characterization of the K2-18 multi-planetary system with HARPS. A habitable zone super-Earth and discovery of a second, warm super-Earth on a non-coplanar orbit". Astronomy & Astrophysics 608 (35). A35. Bibcode:2017A&A...608A..35C. arXiv:1707.04292. doi:10.1051/0004-6361/201731558. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  4. Ghosh, Pallab (12 de setembro de 2019). BBC News, ed. "Water found for first time on 'potentially habitable' planet". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2019. 
  5. Greshko, Michael (11 de setembro de 2019). National Geographic, ed. "Water found on a potentially life-friendly alien planet". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 
  6. Tsiaras, Angelos; et al. (11 de setembro de 2019). "Water vapour in the atmosphere of the habitable-zone eight-Earth-mass planet K2-18 b". Nature Astronomy: 1–6. Bibcode:2019arXiv190905218T. arXiv:1909.05218. doi:10.1038/s41550-019-0878-9. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]