Kęstutis Navakas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de febreiro de 1964 República Socialista Soviética de Lituania |
| Morte | 16 de febreiro de 2020 Kaunas |
| Lugar de sepultura | Petrašiūnai Cemetery (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, escritor, tradutor |
| Premios | |
Kęstutis Navakas, nado en Šeimyniškiai o 24 de febreiro de 1964 e finado o 16 de febreiro de 2020, foi un poeta, crítico literario, tradutor e libreiro lituano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi á escola en Kaunas, tras a independencia do seu país pasou unha temporada perfeccionando o alemán en Salzburgo (1992). Escribiu unha columna semanal de cultura no xornal Kauno diena (1993-1996). Crítico literario da Televisión lituana (LTV) (1998-1999) presentou o programa cultural Kultūros nama (2002-2004). Tradutor de poesía alemá ó lituano, publicou dous libros de poemas, Krintantis turi sparnus (1988) e Pargriautas barokas (1996).