Körkarlen (filme)
Körkalen | |
---|---|
Tore Svennberg e Victor Sjöström nunha foto publicitaria. | |
Ficha técnica | |
Director | Victor Sjöström |
Produtor | Charles Magnusson |
Guión | Victor Sjöström |
Baseado en | Körkalen, de Selma Lagerlöf |
Intérpretes | Victor Sjöström Hilda Borgström Tore Svennberg |
Fotografía | Julius Jaenzon |
Distribuidora | AB Svensk Filmindustri |
Estrea | 1 de xaneiro de 1921 |
Duración | 104 min |
Orixe | Suecia |
Na rede | |
Körkarlen é un filme mudo sueco de 1921. Foi dirixido por Victor Sjöström, baseado na novela homónima da gañadora do premio Nobel Selma Lagerlöf.
Argumento
[editar | editar a fonte]No día de fin de ano, Edit, unha rapaza moribunda do Exército de Salvación ten un último desexo: falar con David Holm. David, un alcohólico, está nun cemiterio con dous amigos tamén bébedos, falando da lenda do carro da morte, segundo a cal a derradeira persoa que morre nun ano ten que traballar coa Morte carretando as almas dos falecidos no ano seguinte.
Un amigo de Edit atopa a David, pero el négase a acompañalo onda Edit. A situación acaba nunha pelexa na que David é asasinado accidentalmente cando o reloxo dá as doce, momento en que aparece o carro da morte. Mentres a alma de David abandona o seu corpo, o condutor do carro, un antigo amigo de David, lembra a súa vida e a do defunto, antes feliz.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Victor Sjöström como David Holm
- Hilda Borgström como Anna Holm
- Tore Svennberg como Georges
- Astrid Holm como Edit
- Concordia Selander como a nai de Edit
- Lisa Lundholm como Maria
- Einar Axelsson como o irmán de David
- Nils Aréhn
- Olof Ås
- Tor Weijden
- Simon Lindstrand
- Nils Elffors
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)