Justo Villanueva
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de maio de 1893 Corcubión |
| Morte | 21 de febreiro de 1952 Madrid |
| 11 de marzo de 1936 – 2 de abril de 1936 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Representa: Partido Republicano Radical 2 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
| 11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
| Catedrático de universidade | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | avogado, xurista, político, catedrático |
Justo Villanueva Gómez, nado en Corcubión o 17 de maio de 1892 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 1952, foi un avogado, xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia ourensá, naceu en Corcubión, onde estaba destinado o seu pai como xuíz de primeira instancia. Cursou o bacharelato en Ourense. Comezou a carreira de Dereito en Zaragoza e rematouna en Madrid. Fixo o doutoramento. Ingresou no corpo de avogados do Estado e estivo destinado en Cuenca. Catedrático de Dereito político das universidades de La Laguna (1922), Santiago de Compostela, Sevilla e Valladolid.
Foi militante do Partido Republicano Radical, e na súa representación elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Nestas últimas, foi considerado inicialmente como deputado (quedara en noveno lugar, o último da circunscrición en votos), pero a Comisión de Actas anulou a súa elección o 2 de abril ao non computarse como válidos un total de 106.000 votos por diversas irregularidades.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Portugal. Viviu en Lisboa e despois pasou a París e Niza. Foi depurado e separado da súa cátedra o 24 de setembro de 1937; en 1939 foi sometido ao Xulgado de Responsabilidades Políticas. En 1941 regresou a España. Dedicouse ao seu bufete en Madrid. Foi rehabilitado o 16 de febreiro de 1952. Finou en Madrid o 21 de febreiro de 1952.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Isidora Lázaro de Diego. Foi tío do tamén político ourensán Ángel Villanueva Cendón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC, 20-2-1953, p. 39.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Justo Villanueva |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "VILLANUEVA GÓMEZ, Justo". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 78. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.