Justė Arlauskaitė
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1988 (36 anos) Vilnius, Lituania |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2004 - |
Justė Arlauskaitė, tamén coñecida polo sobrenome artístico de Jazzu e nada o 23 de abril de 1988, é unha actriz e cantante lituana, que se fixo coñecida como compoñente, co produtor Leon Somov do grupo de música electrónica Leon Somov & Jazzu (2005-2018) [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Justė Arlauskaitė comezou como cantante de jazz con 14 anos. Como solista actuou con diversos grupos e en varios proxectos en Lituania e no estranxeiro e con 15 anos converteuse na vocalista do grupo electrónico lituano Pieno Lazeriai. Despois da súa graduación no conservatorio Juozas-Tallat-Kelpša de Vilnius marchou a Londres estudar canto na Universidade de Thames Valley. En 2005 coñeceu ao produtor Leon Somov e involucrouse na música electrónica formando o grupo Leon Somov & Jazzu que quitou oito álbums entre 2007 e 2018.
Dende 2015 é unha das xuízas do programa X Faktorius[2], a versión lituana de The X Factor. Tras algúns papeis menores interpretou un dos papeis principais, a poeta Salomėja Nėris na serie de 2017 Laisvės kaina. Partizanai na LRT.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Aš skiriu tau šį lietų (2018)
- Apie tave (2018)
- Wild (2019)
- Dumblas (2019)
- Sliding Doors (2019)
- Karolis (2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Justė Arlauskaitė-Jazzu švenčia 29-ąjį gimtadienį: išvaizda keitėsi, tačiau meilė muzikai išliko tokia pati". Žmonės. 23 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2020.
- ↑ "Jazzu apie kritiką garsenybėms: mano charakteris yra sakyti tiesą į akis". Delfi. 6 de setembro de 2020.