Juno I foi o nome dun foguete derivado do foguete suborbital Jupiter C, derivado á súa vez do mísilRedstone. A miúdo úsase indistintamente o nome de Juno I ou Jupiter C para designar o foguete. Tecnicamente, o Juno I era un Jupiter C cunha cuarta etapa. O Jupiter C usouse en lanzamentos suborbitais previos ó intento de poñer un satélite en órbita.[1][2]
Juno I foi o primeiro foguete en conseguir poñer con éxito un satélite dos Estados Unidos en órbita, o Explorer 1, adiantándose ós intentos errados do programa Vanguard. Foi lanzado un total de nove veces, incluídos tres voos suborbitais. Dos lanzamentos orbitais, tivo éxito en tres.[1][2]
A primeira etapa colisiounou coas etapas superiores no momento da separación, co que a segunda etapa encendeuse pero apuntando nunha dirección incorrecta.