Julio Quirós Estévez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Vigo, España |
Morte | 1991 valor descoñecido |
Alcalde de Teis | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Julio Quirós Estévez, nado en Vigo e finado en 1991, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre albanel. Logo da dimisión de Manuel Martínez Ramos, foi designado membro da Comisión xestora do concello de Teis polo gobernador civil o 27 de febreiro de 1936, e ao día seguinte tomou posesión e foi elixido alcalde de Teis.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en outubro xunto co primeiro tenente alcalde Manuel Andrade Moreria e a súa muller María Luisa Gómez.[2] Estivo preso na Illa de San Simón.[3] Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión, a súa causa foi sobresida provisionalmente. Despois emigrou a Arxentina. Regresou en dúas ocasións a Galicia.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 29-2-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-10-1936, p. 10.
- ↑ "Xeración perdida" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de setembro de 2019. Consultado o 05 de setembro de 2019.
- ↑ "La independencia de Teis", La Voz de Galicia, 5-12-1997, p. 34.